Fundacion Ferama
Idioma:
  • Quenes Somos - Fundacion Ferama
  • Novas da Fundacion Ferama
  • Actividades da Fundacion Ferama
  • Ligazons da Fundacion Ferama
  • Contacte coa Fundacion Ferama
BUSCAR
A fundación Fundadores e Patronato
Calendario de Abril
LMX JVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829

Encuesta online
¿Cómo coñeciche-la nosa web?
Pola propia fundacion
A través dunha amizade
Outros
VER RESULTADOS

 Password:
 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2018

00/00/0000 | 
Ver DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2018 en pdf Imprimir

O día 2 de abril celébrase en todo o mundo desde 1967, o Día Internacional do Libro Infantil coincidindo coa data de nacemento do soado escritor danés Hans Christian Andersen, co ánimo de inspirar amor polos libros e a lectura e para chamar a atención da comunidade internacional sobre a literatura infantil e xuvenil.

Como todos os anos, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil "OEPLI", xunto a Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil "GALIX" queren celebrar ese día difundindo a mensaxe da poeta Inese Zandere e o ilustrador Reinis Pétersons "Os libros fan grande o máis pequeno" , organizando sesións de cuentacuentos, encontros... ou calquera actividade de promoción da lectura e sobre todo invítanos ao concurso "Un Conto de H. C. Andersen en Cómic".

libro infantil 2018Desde Fundación Ferama queremos participar neste proxecto de difusión, co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos, realizando as seguintes actividades na Axencia de Lectura durante o mes de marzo e abril:

- Difusión entre os nenos e nenas, e en xeral entre todos o usuarios da Axencia de Lectura de Fundación Ferama a mensaxe da poeta Inese Zandere e o ilustrador Reinis P?tersons: "Os libros fan grande o máis pequeno"


- Composición de cómics, a partir de contos clásicos, con diferentes aplicacións. Esta actividade realizarase nas clases de informática de Primaria e Secundaria.


- Participación no Concurso "Un Conto de H. C. Andersen en Cómic".


- Difusión dos libros que posúe a Axencia de Lectura de Andersen.

 

Si tes entre 3 anos e 100 anos e estás interesedo en participar nestas actividades podes apuntarche nas instalacións de Fundación Ferama ou chamando por teléfono ao 638 959 688.





 
© 2013. FUNDACIÓN FERAMA Carretera del Pereiro 33 B. Urbanización Monteblanco 32160 Luintra - Nogueira de Ramuín (Ourense)
tel/fax.: 988 201 106 / correo: info@fundacionferama.org