Fundacion Ferama
a Idioma:
  • Quenes Somos - Fundacion Ferama
  • Novas da Fundacion Ferama
  • Actividades da Fundacion Ferama
  • Ligazons da Fundacion Ferama
  • Contacte coa Fundacion Ferama
BUSCAR
A fundación Fundadores e Patronato
Calendario de Abril
LMX JVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Encuesta online
¿Cómo coñeciche-la nosa web?
Pola propia fundacion
A través dunha amizade
Outros
VER RESULTADOS

Fundación Ferama
Cursos de Inglés
Biblioteca
Cursos de Informática
Aula de Informática
Prevención de Riesgos Laborales
Club de Lectura

 

Premio Fundación Ferama 2010

24/02/2011 | 
Ver Premio Fundación Ferama 2010 en pdf Imprimir

premio_ferama_2010._G 

Fundación Ferama fixo entrega por terceiro ano consecutivo do premio da entidade a "toda unha vida de traballo", que recaeu en María del Carmen Deber Lorenzo e María Adelina Deber Lorenzo por toda unha vida, 24 horas ó día, dedicada en corpo e alma ó seu sobriño e fillo José Ramón Deber Lorenzo, sendo entregado por D. Félix Rodríguez Domínguez, Presidente de FUNDACIÓN FERAMA.

Con motivo da celebración do 3º Aniversario de Fundación Ferama realizado o 26 de novembro de 2010 no Parador de Santo Estevo, entregouse o "Premio Fundación Ferama 2010" coa asistencia de numerosos veciños do Concello de Nogueira de Ramuín así como autoridades e representantes de diferentes institucións e entidades.

Fundación Ferama pretende con este premio o recoñecemento daquelas persoas , que de forma constante e firme , silenciosa e humilde, contribuíron co seu traballo e esforzo ó desenrolo cultural, económico, social ou dos valores humáns no Concello de Nogueira de Ramuín.

Estas dúas mulleres excepcionais, foron pai e nai para  JOSE RAMON que con 44 anos segue loitando como o primero día,a pesar das circunstancias, sempre miraron hacia adiante; con angustia e ansia ás veces, pero sempre con  esperanza e expectativas de futuro; sabendo que sempre hai persoas que os alientan na súa andadura. Moitas das súas vivencias destos anos estiveron marcadas polo sufrimento e suporon ter que enfrentarse a duras probas pero, a pesar diso, estas dúas mulleres ofreceron a súa vida polo seu fillo e o seu sobriño.

O premio deste ano 2010 supón para Fundación Ferama o recoñecemento de persoas como as premiadas, persoas que dedican a súa vida ós demáis, dando sin esperar nada a cambio, persoas que merecen todo o noso eloxio, apoio e admiración. Ademáis dun emotivo homenaxe ó sacrificio nas duras tarefas do campo, á dedicación de 24 horas ó día a José Ramón e moi especialmente ó cariño que durante toda a súa vida lle brindaron, sin esperar nada, salvo unha mirada agradecida.

 

premio_ferama2010/3_G

 

premios_2010/1_G





 
© 2013. FUNDACIÓN FERAMA Carretera del Pereiro 33 B. Urbanización Monteblanco 32160 Luintra - Nogueira de Ramuín (Ourense)
tel/fax.: 988 201 106 / correo: info@fundacionferama.org