Fundacion Ferama
Idioma:
  • Quenes Somos - Fundacion Ferama
  • Novas da Fundacion Ferama
  • Actividades da Fundacion Ferama
  • Ligazons da Fundacion Ferama
  • Contacte coa Fundacion Ferama
BUSCAR
A fundación Fundadores e Patronato
Calendario de Abril
LMX JVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829

Encuesta online
¿Cómo coñeciche-la nosa web?
Pola propia fundacion
A través dunha amizade
Outros
VER RESULTADOS

 Password:
 

Segundo Aniversario Fundación Ferama

24/02/2011 | 
Ver Segundo Aniversario Fundación Ferama en pdf Imprimir

Fundación Ferama celebrou o seu segundo ano de funcionamento o 27 de novembro de 2009, cun evento no Parador de San Estevo. Ó encontro anual acudiron numerosos veciños de Nogueira de Ramuín así como autoridades e representantes de institucións e entidades que quixeron coñecer as actividades realizadas por Ferama durante o ano 2009 así como os obxectivos marcados para o próximo ano 2010.

O acto que contou coa presencia dos fundadores e membros de padronado de Ferama, foi presentado por D. César Blanco Gómez, que realizou un resumen das actividades máis destacadas levadas a cabo pola entidade durante o presente ano, como o programas de bolsas para o estudo de inglés, cursos de aprendizaxe de ferramentas informáticas para os usuarios do Centro de Día de Nogueira de Ramuín, talleres de alfabetización informática para nenos, cursos de iniciación á informática para adultos, a consolidación de Fundación Ferama como Centro Oficial Microsoft, a obtención da certificación en Calidade ISO 9001 e a colaboración na formación dos veciños organizada polo Plan Avanza, do Ministerio de Innovación e Industria. 

En canto ós obxectivos para o próximo ano 2010, ademais da continuidade das accións que se realizaron ata o momento, destacouse a adquisición de novos locais para a mellora de actividades , a creación dunha biblioteca e sala de lecturas, e a ampliación do presuposto anual para o ensino de inglés durante todo o ano escolar que se reforzará con profesorado nativo. 

O evento contou tamén cunha conferencia do arqueólogo José Manuel Eguileta, qurn desenrolou unha exposición sobre a arqueoloxía en Nogueira de Ramuín.

Ó final do acto D. Félix Rodríguez Domínguez, Presidente da Fundación, fixo entrega do Premio Ferama ó traballo, esforzo e traxectoria persoal ó longo da vida, que este ano recaeu no matrimonio Manuel Novelle e Luz Divina Pato. 

Noticia "Xornal Galicia" Segundo Aniversario Fundación Ferama

Noticia "La Voz de Galicia" Segundo Aniversario Fundación Ferama

 

 





 
© 2013. FUNDACIÓN FERAMA Carretera del Pereiro 33 B. Urbanización Monteblanco 32160 Luintra - Nogueira de Ramuín (Ourense)
tel/fax.: 988 201 106 / correo: info@fundacionferama.org