Fundacion Ferama
a Idioma:
  • Quenes Somos - Fundacion Ferama
  • Novas da Fundacion Ferama
  • Actividades da Fundacion Ferama
  • Ligazons da Fundacion Ferama
  • Contacte coa Fundacion Ferama
BUSCAR
A fundación Fundadores e Patronato
Calendario de Abril
LMX JVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Encuesta online
¿Cómo coñeciche-la nosa web?
Pola propia fundacion
A través dunha amizade
Outros
VER RESULTADOS

Fundación Ferama
Cursos de Inglés
Biblioteca
Cursos de Informática
Aula de Informática
Prevención de Riesgos Laborales
Club de Lectura

 

Premios Fundación Ferama 2009

24/02/2011 | 
Ver Premios Fundación Ferama 2009 en pdf Imprimir

premio_2009_P

Fundación Ferama fixo entrega por segundo ano consecutivo do premio da entidade a " toda unha vida de traballo", que recaeu no matrimonio Manuel Novelle Rodríguez e Luz Divina Pato Melón, que rexentan a Casa de Turismo Rural de Luintra "Caserío das Fontes".

Con motivo da celebración d 2º Aniversario de Fundación Ferama realizado o 27 de novembro de 2009 no Parador de Santo Estevo, entregaronse os "Premios Fundación Ferma 2009"coa asistencia de numerosos veciños do Concello de Nogueira de Ramuín así como autoridades e representantes de diferentes institucións e entidades.

Fundación Ferama pretende con este premio o recoñecemento daquelas persoas , que de forma constante e firme , silenciosa e humilde, contribuíron co seu traballo e esforzo ó desenrolo cultural , económico, social ou dos valores humáns no Concello de Nogueira de Ramuín.

O galardón deste ano 2009, consistente en dous efes de plata enlazados(iniciais de Fundación Ferama) sobre una peana de madeira, foi recollido por Manuel Novelle Rodríguez e Luz Divina Pato Melón, matrimonio que rexenta a Casa de Turismo Rural "Caserío Das Fontes" en Luintra dende o ano 2001.

Ata estas datas Manuel Novelle Rodríguez, nado en Vilamayor no Concello de A Peroxa, e Luz Divina Pato Melón, nada en Espartedo no Concello de Nogueira de Ramuín; invertiron tódolos seus esforzos procurando na medida das súas posibilidades xerar riqueza e emprego no seu entorno. Dende a dura situación da emigración a Suiza e Holanda para intentar mellorar e buscar un futuro próspero para a súa familia, pasando polo traballo con animais e de terras que aínda hoxe en día persiste, o matrimonio deuse a coñecer en Nogueira de Ramuín e nos concellos limítrofes pola venta a domicilio de productos de primeira necesidade como fruta, leite, pescado...resultado das súas propias colleitas ou que adquirían na Plaza de Ourense a primeira hora da mañá e repartían polas vilas durante todo o día, ata ben entrada a noite.

No ano 1982 abriron un supermercado en Luintra, non só o primero do pobo e do municipio senón tamén dos primeros da provincia, compaxinando sempre coa venta a domicilio ó seus clientes.

Dende o ano 2001, no que inauguraron a Casa de Turismo Rural, seguen traballando, ademais de mellorando o entorno do seu negocio familiar, participando activamente no incipiente turismo da Ribeira Sacra.

Premios_Ferama_2009





 
© 2013. FUNDACIÓN FERAMA Carretera del Pereiro 33 B. Urbanización Monteblanco 32160 Luintra - Nogueira de Ramuín (Ourense)
tel/fax.: 988 201 106 / correo: info@fundacionferama.org