Fundacion Ferama
Idioma:
  • Quenes Somos - Fundacion Ferama
  • Novas da Fundacion Ferama
  • Actividades da Fundacion Ferama
  • Ligazons da Fundacion Ferama
  • Contacte coa Fundacion Ferama
BUSCAR
A fundación Fundadores e Patronato
Calendario de Julio
LMX JVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Encuesta online
¿Cómo coñeciche-la nosa web?
Pola propia fundacion
A través dunha amizade
Outros
VER RESULTADOS

 Password:
 

Bolsa Colexio King´s College 2009

24/02/2011 | 
Ver Bolsa Colexio King´s College 2009 en pdf Imprimir

O día 4 de xullo de 2009 dará os seus frutos o programa de Bolsas de Estudo Ferama 2009 co comezo da apasionante experiencia dunhas vacacións en inglés no prestixioso colexio King´s College Soto de Viñuelas en Madrid, esperando contribuír con éxito tanto na formación educativa como no desenvolvemento persoal das menores bolseiras do Concello de Nogueira de Ramuín.

A selección dos menores que se adscribiron ó programa realizouse a través dos principios de igualdade, mérito e capacidade, en conxunción cos membros docentes do C.E.I.P. de Nogueira de Ramuín, polo que se procedeu á selección de 5 nenas que realizarán dende o 4 ó 18 de  xullo de 2009 un curso de aprendizaxe e perfeccionamento da lingua inglesa en Madrid, en réximen de aloxamento e pensión completa, coste que será asumido integramente pola Fundación. 

As cinco nenas bolseiras pola Fundación Ferama foron:

  • Vanesa Rodríguez Esteban
  • Antía Fernández González
  • Lucía Gómez Rodríguez
  • Yaiza Quintana Álvarez
  • Alba María Campello Cendán

Durante quince días participarán nun "English Holiday Camp" onde formarán parte dun programa para o aprendizaxe do inglés confluindo idioma e diversión en diferentes clases amenas e dinámicas, unidas ós deportes e xogos máis variados, favorecendo tamén a oportunidade de aprender valores fundamentais para a convivencia. Ademáis realizaranse excursións para pasar uns días inesquecibles cos compañeiros a Warner Bros Park e outro día en Aquopolis.

 





 
© 2013. FUNDACIÓN FERAMA Carretera del Pereiro 33 B. Urbanización Monteblanco 32160 Luintra - Nogueira de Ramuín (Ourense)
tel/fax.: 988 201 106 / correo: info@fundacionferama.org