Fundacion Ferama
a Idioma:
  • Quenes Somos - Fundacion Ferama
  • Novas da Fundacion Ferama
  • Actividades da Fundacion Ferama
  • Ligazons da Fundacion Ferama
  • Contacte coa Fundacion Ferama
BUSCAR
A fundación Fundadores e Patronato
Calendario de Abril
LMX JVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Encuesta online
¿Cómo coñeciche-la nosa web?
Pola propia fundacion
A través dunha amizade
Outros
VER RESULTADOS

Fundación Ferama
Cursos de Inglés
Biblioteca
Cursos de Informática
Aula de Informática
Prevención de Riesgos Laborales
Club de Lectura

 

Primeiro Aniversario Fundación Ferama

24/02/2011 | 
Ver Primeiro Aniversario Fundación Ferama en pdf Imprimir

Fundación Ferama celebrou o seu primeiro ano de funcionamento con un evento no Parador de Santo Estevo. Á cita non faltaron veciños de Nogueira de Ramuín, autoridades, representantes de institucións e entidades, ademais de medios de comunicación para coñecer as actividades realizadas durante o ano 2008, así como os novos proxectos para o vindeiro ano 2009.

O acto, que contou coa presencia dos fundadores  e membros do padroado, foi presentado por D. César Blanco Gómez, que realizou ante os asistentes un repaso das accións realizadas durante o seu primeiro ano de exercicio.

Actividades como os talleres de alfabetización  informática e xogos didácticos, cursos de iniciación á informática para adultos, o proxecto de "Cidades Dixitais" que contaba con cursos de firma electrónica e comercio electrónico, formación en Microsoft Office 2003 para traballadores, o programa de Bolsas de Estudo Ferama 2008 e o proxecto sobre Novas Tecnoloxías dirixido ós usuarios do Centro de Día de Nogueira de Ramuín, reflexaron fielmente o compromiso de dinamizar o concello mediante o apoio a iniciativas empresariais, o acceso ás novas tecnoloxías e a formación. Nesta primeira parte da xornada tamén se abordaron os novos retos do ano 2009  de cara ós seus obxectivos sociais. Entre estos compromisos encóntrase a inauguración das novas instalacións, con máis e mellores servizos como a creación dunha biblioteca, priorizar a ensinanza do inglés, desenvolvemento de novos proxectos de formación e o programa de bolsas de estudo Ferama 2009 .

A segunda parte do evento contou coa presencia de D. Miguel Pérez de Juan, presidente de Cáritas Ourense,  que ofreceu unha conferencia co lema "A Solidaridade Hoxe".

Como broche final procedeuse ó acto solemne de entrega dos Premios Ferama 2008, a cargo de D. Miguel Ángel Luna, cos que se pretende facer un particular homenaxe "a toda unha vida de traballo" a aquelas persoas que de forma constante e firme, silenciosa e humilde, contribuíron co seu traballo e esforzo ó desenvolvemento cultural, económico, social ou dos valores humáns no Concello de Nogueira de Ramuín. Os galardóns, foron para o industrial madereiro D. Francisco Sánchez Álvarez  e o artesán carpinteiro D. Manuel Rodríguez Álvarez, ademais do galardón especial a D. Félix Rodríguez Domínguez pola súa xenerosidade hacia os veciños de Nogueira de Ramuín.

Como clausura á celebración do Primeiro Aniversario os asistentes foron convidados a  uns aperitivos, compartindo así un momento máis íntimo e relaxado cos patróns e fundadores de Fundación Ferama.

Noticia Primeiro Aniversario Fundación Ferama "La Región".





 
© 2013. FUNDACIÓN FERAMA Carretera del Pereiro 33 B. Urbanización Monteblanco 32160 Luintra - Nogueira de Ramuín (Ourense)
tel/fax.: 988 201 106 / correo: info@fundacionferama.org