Fundacion Ferama
Idioma:
  • Quenes Somos - Fundacion Ferama
  • Novas da Fundacion Ferama
  • Actividades da Fundacion Ferama
  • Ligazons da Fundacion Ferama
  • Contacte coa Fundacion Ferama
BUSCAR
A fundación Fundadores e Patronato
Calendario de Octubre
LMX JVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Encuesta online
¿Cómo coñeciche-la nosa web?
Pola propia fundacion
A través dunha amizade
Outros
VER RESULTADOS

 Password:
 

Premios Fundación Ferama 2008

24/02/2011 | 
Ver Premios Fundación Ferama 2008 en pdf Imprimir

                                   Galardonados_Premio_Fundación_Ferama_2008_P

Fundación Ferama celebrou o seu primeiro ano de funcionamento coa entrega dos premios da entidade a "toda unha vida de traballo", que recaeron nos empresarios de Nogueira de Ramuín, D. Francisco Sánchez Álvarez e D. Manuel Rodríguez Álvarez, ademais dunha mención especial a D. Félix Rodríguez Domínguez.

O 28 de novembro de 2008 celebrouse no Parador de Santo Estevo o 1º Aniversario da Fundación Ferama. Coa asistencia de autoridades, veciños de Nogueira de Ramuín, representantes de institucións e entidades, fíxose entrega dos primeiros "Premios Fundación Ferama" cos que se pretende facer un particular homenaxe a "toda unha vida de traballo".

Fundación Ferama, coa instauración deste premio, pretende o recoñecemento daquelas persoas, que de forma constante e firme, silenciosa e humilde, contribuíron co seu traballo e esforzo ó desenvolvemento cultural, económico, social ou dos valores humáns no Concello de Nogueira de Ramuín.

Os galardóns deste ano 2008, consistentes en dous efes de prata enlazados (iniciais da Fundación Ferama) sobre unha peana de madeira, foron para o industrial madeireiro D. Francisco Sánchez Álvarez e o artesán carpinteiro D. Manuel Rodríguez Álvarez, premio que foi recollido polo seu fillo D. Leopoldo Rodríguez Sierra, e o galardón especial a D. Félix Rodríguez Domínguez pola súa xenerosidade hacia os veciños de Nogueira de Ramuín.

BIOGRAFÍA DE D. FRANCISCO SÁNCHEZ ÁLVAREZ

D. Francisco Sánchez Álvarez, naceu en Mundín, na casa familiar pertencente ós seus bisavós, nun pequeno pobo do Concello de Nogueira de Ramuín, (Ourense) no ano 1930.

Os seus pais D. Filemón e Dna. Concepción tiveron outras dúas fillas máis, facendo un total de tres irmáns. A súa infancia transcorreu entre Mundín e Luintra medrando felices e dentro do medio rural, rodeados de todo o cariño.

Cursou os seus estudos básicos en Luintra, ó tempo que traballaba na labranza xa que os seus pais tiñan gando e leiras que había que coidar e empezaba tamén a facer os seus pinitos nun taller de carpintería, despuntando o que sería a súa profesión durante toda unha vida.

Máis tarde foise a Ourense a estudar debuxo e talle na Escola de Artes e Oficios, saíndo preparado para traballar o resto da súa vida no negocio da madeira. Traballou co seu pai no negocio familiar de taller de carpintería en Luintra, dedicándose preferentemente á fabricación de mobles.

Casou con Dna. María Vicente Domínguez, e non tiveron descendencia.

Montaron uns anos máis tarde un aserradeiro en Luintra, que é o que está actualmente aberto.

Conta D. Francisco, como cambiou todo coas novas tecnoloxías, pasando de cortar no propio monte a madeira ata comprala e recibila en camións.

Actualmente D. Francisco segue ao pé do canón entre o negocio familiar e o apoio incondicional dos seus veciños e da súa familia.

BIOGRAFÍA DE D. MANUEL RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

D. Manuel Rodríguez Álvarez, naceu en Rubiacós (Nogueira de Ramuín) no ano 1921. Dedicouse a facer rodas de afiar co seu pai D. Agustín, e el é o último dunha saga de artesáns que empezou o seu avó D. Juan, alá polo ano 1850 a facer "tarazanas" no obradoiro de carpintería na localidade de Liñares.

D. Manuel, casa en Loña do Monte, onde reside na actualidade, e alí é onde abre o seu propio obradoiro e continúa facendo rodas, mobles, e apeiros de labranza.

El é o único membro da terceira xeración que perpetúa esta tradición artesanal.

No seu obradoiro aínda se conservan as súas ferramentas antigas, como un torno de madeira de máis de douscentos anos que funciona a pedal e que xa foi utilizado polo seu pai para as pezas torneadas.

A traxectoria humán e profesional deste artesán aparece recollida en varios libros e en numerosos artigos xornalísticos, así como tamén en varios programas de televisión que salientan a arte ca que traballa a madeira.

Galardonados_Premio_Fundación_Ferama_2008_G

Galardonados_Premios_Ferama_2008_G





 
© 2013. FUNDACIÓN FERAMA Carretera del Pereiro 33 B. Urbanización Monteblanco 32160 Luintra - Nogueira de Ramuín (Ourense)
tel/fax.: 988 201 106 / correo: info@fundacionferama.org