Calendario de Abril | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
Encuesta online | |
Un ano máis, dende a Axencia de Lectura Fundación Ferama queremos contribuír coa celebración Mundial do Día do Libro.
O Día Internacional do Libro, promulgado pola Unesco, celébrase desde 1996 cada 23 de abril en máis dun centenar de países. O seu obxectivo é fomentar a lectura, a industria editorial e a proteción intelectual por medio do dereito de autor.
Desde Fundación Ferama queremos apoiar activamente estes obxectivos realizando unha actividade de fomento da lectura a través do programa da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia "Ler Conta Moito".
A gran ilusionista Leo Leiño tráenos por un día maxia e humor "Entre Libros anda a Maxia" á nosa biblioteca. Ilusión, risas e libros, diversión para toda a familia. Coa participación de todos os nenos e nenas que desexen ser axudantes da gran meiga e facer que todos e todas o pasen moi moi ben.
O lugar de celebración será na Axencia de Lectura o día 21 de abril de 2017 ás 17.30hrs. Todos os nenos que desexen asistir poden apuntarse nas instalacións de Fundación Ferama ou chamando por teléfono ao 988 20 11 06.