Fundacion Ferama
Idioma:
  • Quenes Somos - Fundacion Ferama
  • Novas da Fundacion Ferama
  • Actividades da Fundacion Ferama
  • Ligazons da Fundacion Ferama
  • Contacte coa Fundacion Ferama
BUSCAR
A fundación Fundadores e Patronato
Calendario de Noviembre
LMX JVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Encuesta online
¿Cómo coñeciche-la nosa web?
Pola propia fundacion
A través dunha amizade
Outros
VER RESULTADOS

 Password:
 

PROGRAMA "LER CONTA MOITO 2017"

00/00/0000 | 
Ver PROGRAMA  Imprimir

Como cada ano, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia pon a disposición das bibliotecas  integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia un catálogo de actividades no marco do Programa "Ler Conta Moito" 2017 para a dinamización da lectura dos máis pequenos.

Por terceira vez, a Axencia de Lectura Fundación Ferama é beneficiaria deste programa con tres actividades. Nesta entidade sabemos da importancia que supón a lectura desde idades temperás, espertando a imaxinación, enriquecendo o seu vocabulario, aumentando coñecemento... polo que nos parece un momento idóneo a execución desta iniciativa na Axencia.

As actividades que levarán a cabo serán:

Leo Leiño    Filipa cos contos    Madame Bechamel e Signorina Bolognesa

- "Día do libro con Leo Leiño", venres 21 de abril ás 17.00 hrs. Maxia e humor. Ilusión risas e libros xunto con diversión para toda a familia. Coa participación dos nenos e nenas que queiran ser axudantes da maga e facer que todos, e todas o pasen moi moi ben.

- "Día das Letras Galegas con Filipa", venres 26 de maio ás 17.00 hrs. A amiga Filipa, (moneco "muppet") e Francisco, propóñennos, a partes iguais, unha viaxe polos contos tradicionais e o  repertorio infantil de Carlos Casares (Letras Galegas 2017), amenizados con música e canción en directo (guitarra e voz).

- "Fin de curso con Madame Bechamel e Signorina Bolognesa", venres 23 de xuño ás 17.00 hrs. Dúas cociñeiras atoladas e máxicas cociñan en colaboración co público, un saboroso bico mentres contan un conto... Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que gozar e soñar.





 
© 2013. FUNDACIÓN FERAMA Carretera del Pereiro 33 B. Urbanización Monteblanco 32160 Luintra - Nogueira de Ramuín (Ourense)
tel/fax.: 988 201 106 / correo: info@fundacionferama.org