Calendario de Abril | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
Encuesta online | |
Durante o curso 2014.2015 levou a cabo na Axencia de Lectura Fundación Ferama e dentro da súa progama de Animación á Lectura o "Concurso Bo Lector, Un Premio á Lectura".
Os
usuarios infantís e xuvenís que solicitaron o Carné de Bo Lector
recibían un selo por cada libro que pedisen en préstamo. Ademais de
lelos cubrían unha ficha co título do libro, nome do personaxe principal
e un debuxo da parte que máis lle gustou.
A actividade resultou ser todo un éxito con gran participación sobre todo de lectores de Infantil e Primaria.
Durante
a celebración da festa de fin de curso 2014.2015, ademais de gozar
dunha animada tarde cun contacontos e a correspondente entrega de
diplomas, tamén coñecemos os grandes lectores da Axencia de Lectura. Eva Álvarez Pérez, Karla Almeida Calderón, Brais Debasa Castro e Mauro Debasa Castro recibiron o seu premio á lectura por ser uns grandes apaixonados dos libros. Parabén mozos!!